Beni M. Lado leva unha vida dedicada ao lecer como ferramenta educativa, encargándose de xestionar actividades que promovan valores positivos na infancia e xuventude. Tamén é un docente veterano dentro do sector do ocio e tempo libre, pero o que máis lle apaixoa é a coordinación de equipos en proxectos de acción social que fagan do mundo un lugar mellor. Este álbum ilustrado pretende ser unha ferramenta que axude ás persoas a desenvolver un apego máis amistoso e saudable a través da vida dos Paraugas.