Narrativa Juvenil82 páginas2025

Sobre quien lo escribió
Jorge Pérez
1 libro en Mr. MomoJorge Pérez Sampedro (15/12/1993). Utilizarei estas poucas liñas para que me coñezades un pouco. Nacín e crieime en Aguiño, un pobo mariñeiro de Galicia. Tiven a sorte de ser criado en galego e desde pequeno sempre me fascinaron as historias e as lendas que escoitaba e que foron espertando a miña curiosidade polos libros. Agora, xa de adulto, considérome un apaixonado das lendas antigas e os microrrelatos. Gústame todo o que teña que ver ca historia e coas costumes da nosa ben querida Galicia. Nesta historia atopei unha vía de escape na que poder conectar con todos e todas vós e na que vos quixen transmitir todo o amor e cariño que sinto pola miña terra. Para finalizar gustaríame aconsellarvos a vós principalmente, lectores infantís que estades iniciando na lectura, que sigades lendo durante moitos anos. Que os libros están cheos de magníficas historias que necesitan ser contadas e transmitidas. E oxalá fora nesta obra onde atoparades esa inspiración ou ese motivo polo que seguir lendo.
Ver autoras y autores →Ficción general (infantil/juvenil)
O magosto de brais
por Jorge Pérez“Somérxete con Brais e os seus amigos nesta trepidante historia que viaxa desde o máis profundo de Galicia para revivir unha das lendas máis antigas coñecidas...”
Brais comeza o día desfrutando do magosto xunto aos seus dous mellores amigos; Roi e Luís. Pero esa calma verase interrompida de súpeto cando recorda que fixera dúas importantes promesas que non poderá chegar a cumprir.
Ante esta situación, debe tomar unha decisión e facelo rápido.
—Que fago? —pensa Brais— mentres seus amigos, perplexos, non entenden que está pasando pola súa mente.
Ficha técnica
- Clasificación
- Ficción general (infantil/juvenil)
- Año
- 2025
- Páginas
- 82
- Encuadernación
- Tapa Blanda
- Tamaño
- 170 × 240 mm
- ISBN
- 9788410372108